lunes, 28 de enero de 2013

"COÑECENDO O UNIVERSO"



No CEE Terra de Ferrol dixemos que SI queríamos coñecer o universo e nas nas paredes do noso salón de actos temos unha exposición do devandito programa, grazas ao convenio de colaboración entre a Concellería de Educación de Ferrol e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

Así o 24 de xaneiro, o responsable da sección de Astronomía da SGHN (Paulino Gasalla) veu ao noso centro a explicarnos as láminas da exposición e a proxectarnos un video "Stellarium" onde se pode ver o ceo do inverno cos todos os seus compoñentes, empezando pola Estrela Polar, as constelacións (Osa Maior, Casiopea, Osa Menor,...), os planetas (Venus e Xúpiter), satélites, asteroides,nebulosas,cometas,...








Tanto ao alumnado como ao profesorado encantounos a exposición, o video e a explicación de Paulino ao que lle queremos, dende aquí, dar as GRAZAS. Ao final houbo turno de preguntas e quen máis curiosidade tivo foi ANGEL  que é un apaixoado deste tema.

 Aquí temos momentos da charla:


1 comentario:

  1. TEmos que agradecerlle a Paulino que viñese a explicarnos a exposición. Os nenos disfrutaron moito e aprenderon todavía máis, non si? Unha aperta compi.

    ResponderEliminar