viernes, 22 de marzo de 2013

DIA DA AUGA


Hoxe celebramos o DIA MUNDIAL DA AUGA 2013. O tema principal deste ano é "a cooperación hídrica". A auga é un elemento esencial para a vida, o desenvolvemento humano e o económico, pero trátase dun ben moi preciado e escaso e que está moi mal repartido, algo que se agrava co paso do tempo. As razóns son obvias, o cambio, a contaminación  ou a crecente poboación mundial que demanda auga para  satisfacer todo tipo de necesidades, uso, produción enerxética ou produción alimentariaentre outras cuestións. No ano 2010 a A asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 
2013 como o "Ano da Cooperación da auga".  
No ano 1992 recomendouse designar un día Internacional dedicado a auga,  a Asamblea Xeral das Nacións Unidas designou no ano 1993 o 22 de marzo como "Día Mundial da Auga"  dende entón, cada  ano destácase un aspecto específico da auga doce, recordemos que o ano pasado o evento xirou entorno á seguridade hidrica
Este ano preténdese  ensalzar  a importancia de compartir e a oportunidade de poder cooperar para desenvolver unha política sostible  que permita o acceso á auga, neste marco de cooperación teñen cabida a cultura, a educación, a ciencia, a relixión, a política, a lexislación ou a economía entre outros, considérase que a auga está implicada en todos os aspectos,  e polo que se aposta por un enfoque interdisciplinario.
A cooperación da auga 2013 será unha cómpaña marcada por diferentes accións e iniciativas de sensibilización que faciliten o entra todas as partes para promover solucións innovadoras que favorezan e axuden a todos os países, apóstase por un compromiso persoal e xeral, polo que se pretende dar gran difusión sobre o valor e a importancia de cooperar pola auga, tratar de construír redes e coalicións que son fundamentais para lograr a promoción destes valores.
Na actualidade o número de habitantes do noso planeta supera os 7.000 millóns de persoas, as estatísticas, no ano 2050 acadaránse os 9.000 millóns, estas cifras obrigan a mellorar as políticas e a conciencia de todos os habitantes do planeta para que a auga, tan indispensable para a vida, sexa accesible para todo o mundo.
Faise tanto como cabería esperar ou quizabes todo queda en palabras e boas intencións???????


No hay comentarios:

Publicar un comentario