A nosa colaboración foi a elaboración de murais. O da nosa clase é sobre os cambios de estado da auga. Aquí volo deixo para que o podades ver.
martes, 26 de abril de 2011
14ª EDICIÓN DE VOZ NATURA
sábado, 23 de abril de 2011
23 DE ABRIL, DIA INTERNACIONAL DO LIBRO
Se queredes saber máis sobre esta conmemoración podeder entrar no seguinte enlace:
A continuación transcribo un fermoso poema de Pablo Neruda que me tomei a liberdade de traducir ao galego.
QUEDA PROHIBIDO
Queda prohibido chorar sen aprender,
levantarte un día sen saber que facer,
ter medo aos teus recordos,.....
Queda prohibido non sorrir aos problemas,
non loitar polo que queres,
abandonar todo por medo,
non convertir en realidade os teus sonos,...
Queda prohibido non intentar comprender ás persoas,
pensar que as súas vidas valen menos que a túa,
non saber que cada un ten o seu camiño e a súa dita,...
Queda prohibido non crear a túa historia,
non ter un intre para a xente que te necesita,
non compreder que o que a vida che dá,
tamén cho quita,...
Queda prohibido non buscar a túa felicidade,
non vivir a túa vida cunha actitude positiva,
non pensar en que podemos ser mellores,
non sentir que sen ti este mundo non sería igual.
¡FELIZ DÍA DO LIBRO!
viernes, 1 de abril de 2011
1 DE ABRIL: DÍA DA DIVERSIÓN NO TRABALLO
Hoxe, 1 de abril celébrase o Día da Diversión no Traballo, o lema escollido este ano é "O humor, un paraugas ante a adversidade" Como estamos de acordo en que é mellor rir que chorar, unímonos á proposta da consultora: realizar sesións de papiroflexia, concursos de avións de papel nos corredores do colexio, competicións de garavatas e zapatos horteras, xogar ao monopoly,... Se se che ocorre algunha idea máis podes contala na seguinte web:
http://www.humorpositivo.com/
lunes, 28 de marzo de 2011
CONCURSO DE POESÍA E IMAXE
Estas son as nosas ilustracións para as poesías que nos propuxeron dende os Equipos de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol para o concurso "Poesía e imaxe".
domingo, 27 de marzo de 2011
27 DE MARZO: DIA INTERNACIONAL DO TEATRO
O Día Internacional do Teatro foi instituído pola ONU no 1961 e celébrase cada 27 de marzo dende 1962. Cada ano a ONU elixe un personaxe para que emita unha mensaxe relacionada co quefacer teatral. Este ano é a Dra. en Artes Escénicas, Jessica A. Kaahwa, de Uganda, a encargada da mensaxe, na que valora ao teatro (e ás artes) como ferramenta máis productiva e eficaz que os armamentos para a guerra, que a mesma ONU envía para "pacificar" ao Mundo.
lunes, 21 de marzo de 2011
DIA DA POESÍA
Hoxe iniciamos a primavera. Ademais nesta data temos dúas conmemoracións relacionadas co ámbito educativo como son "O día internacional da poesía" e "O día internacional da árbore".
Nós fixemos un pequeno traballo relacionado coa poesía, aquí deixamos a mostra para que vós poidades xulgar como nos quedou.
martes, 15 de marzo de 2011
15 DE MARZO: DIA DO CONSUMIDOR RESPONSABLE
7 CONSELLOS PARA UN CONSUMO RESPONSABLE
- Antes de comprar algo, reflexiona se realmente o necesitas ou se o fas guiado pola publicidade.
- Se decides comprar algo averigua de que materia prima está feito, se o seu proceso de manufacturación impacta no medio ambente ou se produce algún dano ou inxustiza social.
- Cada vez que merques algo debes pensar nos residuos e no lixo que xera.
- Evita os productos de "usar e tirar" se non son estrictamente necesarios.
- Rechaza as bolsas de plástico que che dan nos supermercados e tendas e leva as túas propias bolsas de tea, papel ou cartón.
- Recicla antes de comprar, moitas das cousas que están para tirar poden volver a utilizarse doutras maneiras e formas, usa a túa imaxinación
- Elixe productos con envase reutilizables e retornables.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





