martes, 26 de abril de 2011

14ª EDICIÓN DE VOZ NATURA


O CEE TERRA DE FERROL é un dos 272 centros que participa en Voz Natura, o día 4 de xuño acudirá,como en anos anteriores, á gran festa de fin de curso que se celebrará no parque Deportivo Acea de Ama en Culleredo. Alí pasaremos todo o día: participando na exposición de traballos, xogos, talleres,....
A nosa  colaboración foi a elaboración de murais. O da nosa clase é sobre os cambios de estado da auga. Aquí volo deixo para que o podades ver.

sábado, 23 de abril de 2011

23 DE ABRIL, DIA INTERNACIONAL DO LIBRO



O Día Internacional do Libro é unha conmemoración a nivel internacional,  o obxectivo é fomentar a lectura. A elección do 23 de abril como día do libro procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616.
Se queredes saber máis sobre esta conmemoración podeder entrar no seguinte enlace:




A continuación transcribo un fermoso poema de Pablo Neruda que me tomei a liberdade de traducir ao galego.

QUEDA PROHIBIDO

Queda prohibido chorar sen aprender,
levantarte un día sen saber que facer,
ter medo aos teus recordos,.....
Queda prohibido non sorrir aos problemas,
non loitar polo que queres,
abandonar todo por medo,
non convertir en realidade os teus sonos,...
Queda prohibido non intentar comprender ás persoas,
pensar que as súas vidas valen menos que a túa,
non saber que cada un ten o seu camiño e a súa dita,...
Queda prohibido non crear a túa historia,
non ter un intre para a xente que te necesita,
non compreder que o que a vida che dá,
tamén cho quita,...
Queda prohibido non buscar a túa felicidade,
non vivir a túa vida cunha actitude positiva,
non pensar en que podemos ser mellores,
non sentir que sen ti este mundo non sería igual.

¡FELIZ DÍA DO LIBRO!

viernes, 1 de abril de 2011

1 DE ABRIL: DÍA DA DIVERSIÓN NO TRABALLO


Hoxe, 1 de abril celébrase o Día da Diversión no Traballo, o lema escollido este ano é "O humor, un paraugas ante a adversidade" Como estamos de acordo en que é mellor rir que chorar, unímonos á proposta da consultora: realizar sesións de papiroflexia, concursos de avións de papel nos corredores do colexio, competicións de garavatas e zapatos horteras, xogar ao monopoly,... Se se che ocorre algunha idea máis podes contala na seguinte web:

 http://www.humorpositivo.com/

lunes, 28 de marzo de 2011

CONCURSO DE POESÍA E IMAXE


Estas son as nosas ilustracións para as poesías que nos  propuxeron dende os Equipos de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol para o concurso "Poesía e imaxe".




domingo, 27 de marzo de 2011

27 DE MARZO: DIA INTERNACIONAL DO TEATRO


O Día Internacional do Teatro foi instituído pola ONU no 1961 e celébrase cada 27 de marzo dende 1962. Cada ano a ONU elixe un personaxe para que emita unha mensaxe relacionada co quefacer teatral. Este ano é a Dra. en Artes Escénicas, Jessica A. Kaahwa, de Uganda, a encargada da mensaxe, na que valora ao teatro (e ás artes) como ferramenta máis productiva e eficaz que os armamentos para a  guerra, que a mesma ONU envía para "pacificar" ao Mundo.

lunes, 21 de marzo de 2011

DIA DA POESÍA



Hoxe iniciamos a primavera. Ademais nesta data temos dúas conmemoracións relacionadas co ámbito educativo como son "O día internacional da poesía" e "O día internacional da árbore".
Nós fixemos un pequeno traballo relacionado coa poesía, aquí deixamos a mostra para que vós poidades xulgar como nos quedou.


martes, 15 de marzo de 2011

15 DE MARZO: DIA DO CONSUMIDOR RESPONSABLE


 

7 CONSELLOS PARA UN CONSUMO RESPONSABLE
  1. Antes de comprar algo, reflexiona se realmente o necesitas ou se o fas guiado pola publicidade.
  2. Se decides comprar algo averigua de que materia prima está feito, se o seu proceso de manufacturación impacta no medio ambente ou se produce algún dano ou inxustiza social.
  3. Cada vez que merques algo debes pensar nos residuos e no lixo que xera.
  4. Evita os productos de "usar e tirar" se non son estrictamente necesarios.
  5. Rechaza as bolsas de plástico que che dan nos supermercados e tendas e leva as túas propias bolsas de tea, papel ou cartón.
  6. Recicla antes de comprar, moitas das cousas que están para tirar poden volver a utilizarse doutras maneiras e formas, usa a túa imaxinación
  7. Elixe productos con envase reutilizables e retornables.