FELIZ DÍA DA TERRA!!!
lunes, 22 de abril de 2013
viernes, 19 de abril de 2013
TEATRO: "O CAMIÑO DO LOBO"
Esta compañía está formada por: Daniel Latorre (Músico e lutier), Carlos Pérez Aradros (profesor de maxisterio e traballa como Amaya Mangano (profesora de música que traballa recuperando romances e cantigas o camiño de Santiago) e Carles García Domingo (narrador de contos tradicionais)
A obra: tres cómicos ambulantes instalan o seu teatriño nunha cidade do Camiño de Santiago e sacan os seus instrumentos, marionetas, os seus bártulos e enseres. Entón comezan a súa actuación improvisada contando as súas aventuras ao longo do camiño e os contos e canción que foron recollendo na súa andadura.
O narrador ao longo da obra intenta reflexar o que eran as compañías de cómicos que durante séculos percorreron o Camiño de Santiago aproveitando a atracción de visitantes e a actividade económica que conleva. En todas as festas locais, nas feiras ou mercados celebrábanse ceremonias relixiosas pero tamén populares. Representábanse obras de teatro, narración de romances, títeres e música para bailar e divertir. Estas compañías ambulantes adaptábanse ao que o público reclamaba en cada caso. O repertorio compoñíase de narracións e cancións nos diferentes idiomas dos lugares que o camiño atravesaba, galego castelán, asturiano, francés,...
O narrador ao longo da obra intenta reflexar o que eran as compañías de cómicos que durante séculos percorreron o Camiño de Santiago aproveitando a atracción de visitantes e a actividade económica que conleva. En todas as festas locais, nas feiras ou mercados celebrábanse ceremonias relixiosas pero tamén populares. Representábanse obras de teatro, narración de romances, títeres e música para bailar e divertir. Estas compañías ambulantes adaptábanse ao que o público reclamaba en cada caso. O repertorio compoñíase de narracións e cancións nos diferentes idiomas dos lugares que o camiño atravesaba, galego castelán, asturiano, francés,...
Este espectáculo ten unha parte lúdica e outra didáctica, na que se explican e traducen as diferentes pezas que o integran.
Utilizan varios instrumentos: gaita riojana, chicoten ou tambor de cordas, rabel, zanfoña, vihuela, pandeiro cuadrado e redondo, pandeireta, culleres, frauta e percusións diversas.
Cando rematou a obra despedíronnos con música.
Logo tivemos un momento de esparcimento no parque esperando no autobús para retornar ao colexio.
domingo, 7 de abril de 2013
DIA MUNDIAL DA SAÚDE
FELIZ DÍA DA SAÚDE 2013!!!!!
Este ano está adicado á HIPERTENSIÓN
Aquí quedan uns videos e unhas cancións para os nos@s nen@s...
Este ano está adicado á HIPERTENSIÓN
Aquí quedan uns videos e unhas cancións para os nos@s nen@s...
sábado, 6 de abril de 2013
CONCURSO: POESÍA E IMAXE
XIII CERTAME DE CREACION ARTÍSTICA POESÍA E IMAXE.
O Concello de Ferrol, en Colaboración coa Coordinadora de Normalización Lingüística, organiza o Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe.
A devandita actividade consiste en presentar fragmentos da literatura universal ao alumnado para que lles poñan imaxes propias.
Na nosa clase participamos con dúas poesías:
LINGUA MIRANDESA
Ls tous uolhos nun son uolhos,
Que son dues azeitonicas;
Fechados son dous botones,
Abiertos son dues rosicas!
(Popular)
Os teus ollos non son ollos,
Que son dúas oliviñas;
Fechados son dous botóns,
Abertos son dúas rosiñas!
Tarda de tardor (cap al tard)
Vacaure de l'arbre
l'última fulla,
no pas pel vent;
del vent, ni parla-ne,
que fou la caiguda
per avorriment!
(Mar Pavón)
Tarde de tardío (que tardea)
Da árbore caeu
a última folla,
mais non polo vento,
dígocho eu,
por aburrimento!
A primeira imaxe é de Javier Trinidad e a segunda é de Daniel Torres.
viernes, 5 de abril de 2013
EXPERIMENTOS SOBRE O ESPAZO
Seguimos a traballar no Proxecto Rumbo ao espazo.
Aquí deixo unhas imaxes dalgúns experimentos que fixemos para que @s alumn@s poidesen entender como se formaron os cráteres da superficie lunar, as fases da lúa, o movemento de rotación da Terra, ....
martes, 2 de abril de 2013
DIA MUNDIAL DO AUTISMO
Etimolóxicamente AUTISMO ten a súa orixe no grego. A raíz é <autos> que significa <un mismo>, <propio>. Polo tanto o significado da palabra autismo sería meterse nun mismo,ensimismarse.
AUTISMO é a manifestación da alteración nas capacidades de Relación Social, comunicación e linguaxe e simbolización.
Clica se queres ampliar os coñecementos sobre autismo.
viernes, 22 de marzo de 2013
FIN DO TRIMESTRE...PASCUA!!!
Hoxe marchamos de vacacións de PASCUA e estamos moi contentos porque temos por diante uns días de descanso e de lecer e ademais levamos os traballiños que fixemos ao longo do trimestre.
Aqui temos a mostra da nosa felicidade plasmada nunhas fotos previas á nosa marcha.
FELICES VACACIÓNS DE PASCUA!!!!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















