Así de fermosa quedou a pirámide alimentaria que colocamos preto do comedor. Estes días pasados os alumnos e alumnas das profes Mª Carmen e Rita e nós, coa profe Begoña e tamén na nosa clase, buscamos debuxos de alimentos, coloreámolos e plastificámolos. Para este último paso contamos coa axuda da profe Ana. Logo clasificámolos por grupos alimentarios e puxémoslles velcro co obxectivo de podelos manipular e traballar con eles. Dun golpe de vista observamos que, debemos beber uns 2 litros de auga ao día, comer moita froita, vexetais e cereais; menos cantidade de carne, peixe e lácteos e pouca cantidade de graxas, manteiga e doces. Coidemos a nosa dieta!!!
Aqui vos deixo un video onde nos relatan unha dieta equilibrada.
Para saber todo sobre alimentacion e ademais pasalo ben aprendendo,.... preme EDUCASALUDUR
Se xa na foto vese chulísima, ao natural todavía é moito máis. Fixéchedes un gran traballo. Un bico.
ResponderEliminar