viernes, 22 de junio de 2012

PROXECTO






 
Co visionado da película cars demos por rematado o noso "Proxecto de Educación Vial" por este curso, pois quedounos escaso o tempo para tratar unha temática tan ampla e necesaria para a nosa vida cotiá. Este proxecto iniciábamolo, xa andando o segundo trimestre. Primeiro preparamos os rincóns e logo empezamos a traballar, a nivel de aula facendo fichas interdisciplinares preparadas para desenvolver o devandito proxecto.
Realizamos unha saída ao Circuito de Educación Vial de Barallobre, onde os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de actuar como conductores. Estivemos  preto de dúas horas circulando, uns en bicis, outros en coche individuais, outros eramos peóns,.... Alí tiveron que poñer en práctica todo o que traballaramos na clase. O semáforo poñíase en vermello e había que parar, había cedas, pasos de peóns,....., e tamén gardas de tráfico que sancionaban se non cumpliamos as normas e incluso retiraban o carné e había que permanecer sen poder conducir. A verdade é que difrutamos moito!.
 Xa en maio veu  ao noso centro unha policía municipal a falarnos dos sinais e explicarnos como tiñamos que conducirnos como peóns nas rúas e ao día seguinte volveu e cando rematou a charla... Sorpresaaaaaaaaaaaaa!!!! Ensinounos o seu coche, sonou a súa serea e veu un compañeiro seu cunha moto. O mellor de todo, foi, cando poidemos montarnos na moto da poli!!!

Aquí vedes os carnés que lles foron expedidos por conducirse ben como peóns.


Este é o caderniño coas fichas do proxecto.





1 comentario:

  1. O certo é que traballamos un montón. Eu creo que lles quedou moi clariño como se teñen que comportar como peóns. A ver si o próximo curso podemos seguir con eles e rematar este estupendo proxecto tan importante e necesario. Unha gran aperta.

    ResponderEliminar