jueves, 21 de junio de 2012

SAÍDA Á LAGOA DE DONIÑOS

LAGOA E AREAL DE DONIÑOS

Variedades vexetais do camiño que bordea a LAGOA


Algunhas plantas existentes nas DUNAS




Esta é a nosa ruta, en imaxes, nos collages anteriores están algunhas das variedades de plantas e árbores que vimos ao longo do noso percorrido, tanto no sendeiro que bordea a lagoa coma nas dunas e ao final temos unhas fotos de toda a nosa andaina. Espero que vos guste. A verdade é que foi unha camiñata moi amena e educativa. Fran, o noso guía, foinos explicando ao longo de todo o camiño. Faciamos paradas para observar e dicianos o nome das plantas, árbores,.. Nun punto determinado sacou os prismáticos e deixoullelos aos nenos e nenas para que poidesen ver con claridade de que paxaros se trataba, en concreto eran andoriñas. Ao final da nosa ruta achegámonos ao areal e tivemos a sorte de albiscar dou golfiños que se nos agocharon detrás das rochas.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas!!!!.


2 comentarios:

  1. Seguro que o pasastes moi ben, sobre todo os nenos e nenas xa que lles encantan as excusións. Admírovos pola cantidade de saídas que facedes. Tedes merecidas unhas boas vacacións. Moitos bicos.

    ResponderEliminar
  2. Mágoa do tempo que non acompañou pero ainda así o pasamos moi ben. Os collages quedáronche xeniais e as fotos chulísimas (menos mal que me sacaches o meu perfil bo que senón.... ja,ja) Un bico e ánimo que mañá rematamos.

    ResponderEliminar