TEATRO COLÓN (A CORUÑA) 23-5-2013
Conservatorio Profesional de Música
Centro Educación Especial María Mariño
Este é o programa que ofreceu onte, no Teatro Colón de A Coruña, o alumnado do CEE María Mariño en colaboración con alumnado do Conservatorio Profesional de Música.
Como podemos ver, 1º houbo unha representación teatral a cargo dos artistas do María Mariño "Os músicos máxicos" . Variedade de actores, dende os máis pequeniños ata os que case parecían profesionais polo ben que o fixeron. O acompañamento musical correu a cargo de alumn@s do conservatorio, a Orquestra sinfónica, coro de Grao Profesional, Grupo de música co alumnado de nee matriculados no conservatorio e o Coro infantil.
En 2º lugar Música de Disney (arranxos de H.Paradela) a cargo do Conservatorio Profesional de Música.
En 3º lugar o Conservatorio Profesional de Música e CEE María Mariño, puxeron en escena a Muiñeira Ribeirana e un pasodobre (Bailaron alumnado e profesorado do CEE María Mariño).
Xa para rematar... todos en pé cantamos "O Himno Galego".
PARABÉNS!!!!!!!!!
CEE MARIA MARIÑO
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA
Alumnado e Profesorado do CEE TERRA DE FERROL que se desprazaron á Coruña, invitados pola Secretaría de Normalización Lingüística, para asistir ao evento.
Moitas grazas Pura Galán por acordarte de nós!!!
Encantounos!!!
Menuda sorte!!!! Seguro que o pasáchedes fenomenal e que disfrutáchedes moitísimo da actuación. Unha aperta.
ResponderEliminar